mitarifadeluz.es
🏠 Para particulares

Paga só o xusto pola luz da túa casa

O comparador é de balde e serao sempre para os fogares. Sen rexistrarte, sen darnos o teu teléfono e sen chamadas comerciais.

  • Cálculo da factura completa, como a calcula a túa compañía
  • Tarifas de prezo único e de tres períodos (punta, chaira e val)
  • Península, Baleares, Canarias, Ceuta e Melilla, cada unha cos seus impostos
  • Con conta gratuíta: garda ata 10 comparativas
Comparar gratis Crear conta
Vivenda con placas solares
💡 Sabías que…?A potencia contratada pesa case un terzo da factura
Trucos para pagar menos

Máis alá de cambiar de compañía

🔌

Axusta a potencia

Se nunca saltan os chumbos, quizais tes máis potencia da que precisas. Baixala reduce o termo fixo todos os meses.

🌙

Aproveita o val

Cunha tarifa de tres períodos, poñer a lavadora e o lavalouza de noite ou na fin de semana abarata o kWh.

📅

Revisa cada ano

As compañías soben prezos na renovación. Compara polo menos unha vez ao ano para non quedar cunha tarifa cara.

Muller consultando o móbil na casa
💬 LuzA túa asesora no móbil

A túa asesora, no peto

Luz explícache a factura, dille as horas máis baratas e axúdache a comparar dende o móbil. Escríbelle ou mándalle unha nota de voz.

Falar con Luz
Cargador de coche eléctrico nunha vivenda
🔌 Coche eléctricoCarga nas horas baratas

Coche eléctrico, bomba de calor, placas…

Se o teu consumo non é o de sempre, compara cos teus datos reais: sube o ficheiro de consumos da túa distribuidora e calculamos cada tarifa cos teus horarios, os teus excedentes e a túa batería virtual.

Como descargar os meus consumos

Canto podes aforrar ti?

Só precisas a túa última factura.

Calculalo agora
🧮

Calculadoras da luz

Que potencia contratar segundo os aparellos que usas á vez, se tes dereito ao bono social e canto che custa cada electrodoméstico. Abrir as calculadoras

🔋

Placas solares? Batería virtual

Se no verán che sobra enerxía, unha tarifa con batería virtual gárdaa en euros para as seguintes facturas. No comparador marcámosche con 🔋 as que a teñen e o que custan.